Marketing dixital para pemes

Marketing de empresa grande. Con orzamento de peme.

Non necesitas un departamento de marketing nin un investimento enorme para conseguir clientes por internet. Necesitas un plan sinxelo, ben executado e medido.

Solicitar diagnóstico Que inclúe

O que consegues

  • Un plan adaptado ao teu tamaño e ao teu orzamento
  • Clientes novos sen depender do boca a boca
  • Unha única persoa de contacto
  • Resultados que podes medir cada mes

Feito para pemes

Ti xa tes abondo con sacar adiante o teu negocio

Atendes clientes, levas as contas, xestionas o equipo. E por riba dinche que tes que estar en redes, facer anuncios e escribir nun blog. Normal que non chegues.

Nós ocupámonos do marketing para que ti te ocupes da túa empresa. Comezamos polo que máis rápido trae clientes e imos sumando canles cando ten sentido.

Sen permanencias imposibles nin paquetes que non necesitas. Falas sempre coa mesma persoa e sabes en todo momento que facemos e que conseguimos.

Que inclúe

Todo o que necesitas, sen complicacións

Cada proxecto adáptase ao teu negocio. Estas son as pezas coas que traballamos.

Diagnóstico gratuíto

Vemos onde estás e que canle che pode traer clientes antes.

Google Ads

Anuncios para captar a quen xa busca o que vendes.

Redes sociais

Presenza constante e campañas para o teu cliente ideal.

Contidos

Textos e correos que xeran confianza e vendas.

Web que converte

Se a túa web non vende, o noso equipo de La Rana Web mellóraa.

Informe mensual

Que fixemos, que funcionou e que vén despois.

Como traballamos

Comezar é doado

Sen complicacións e sen letra pequena.

01

Falamos

Cóntasnos o teu negocio e os teus obxectivos nunha chamada.

02

Propoñemos

Dámosche un plan con prioridades e orzamento pechado.

03

Arrancamos

Poñemos en marcha o acordado e medimos desde o primeiro día.

Preguntas frecuentes

Tes dúbidas?

Estas son as que máis nos fan. Se a túa non está, pregúntanos e respondémosche en menos de 24 horas.

Que orzamento necesita unha peme para facer marketing dixital?

Depende do sector e dos obxectivos. O importante é comezar cun investimento que poidas manter e concentralo na canle que antes trae clientes.

Traballades con autónomos?

Si. Moitos dos nosos plans están pensados para autónomos e pequenos negocios que queren medrar sen complicarse.

Por onde é mellor comezar?

Normalmente por Google Ads ou por mellorar a web, porque son as canles que máis rápido converten. Confirmámoscho no diagnóstico gratuíto.

Hai permanencia?

Explicámoscho con claridade na proposta antes de comezar. O noso obxectivo é que continúes porque che compensa, non porque esteas atado.

Segue explorando

Tamén che pode interesar

Google Ads e SEM

Aparece o primeiro xusto cando o teu cliente te busca e paga só por visitas con intención de compra.

Saber máis

Redes sociais

Converte seguidores en clientes con campañas e contidos que a xente quere ver.

Saber máis

Estratexia e analítica

Un plan claro, medido cada mes, para saber que funciona e onde poñer cada euro.

Saber máis

Diagnóstico sen compromiso

Que está freando o teu crecemento?

Escoitámoste, analizamos o teu caso e propoñémosche a mellor estratexia para o teu negocio.

Solicitar diagnóstico

  1. Cóntasnos o teu casoUn formulario curto ou unha chamada de 20 minutos.
  2. Revisamos os teus datosWeb, campañas, Google e competencia.
  3. Enviámosche o informeQue cambiariamos, por que e canto custa.
DWYSEO
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.